lunes, 6 de junio de 2011

Festa Gastronómica Do Polbo no Carballiño



O polbo do Carballiño deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia: a Festa do Pulpo. Celébrase cada segundo domingo de agosto no Parque Municipal da vila e goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico.

Comezou como unha actividade máis dentro das festas patronais de San Cibrán por iniciativa dun grupo de amigos, pero pronto adquiriu identidade propia e fama en toda Galicia. Contribuíron a iso as campañas de difusión realizadas polo Concello, pero tamén os emigrantes, que a teñen como referencia e punto de encontro durante as vacacións estivais. Non en balde desde os anos oitenta cada celebración dedicóuselle a unha cidade ou país de América e Europa con centros galegos de relevancia. Pero o mérito de tanto éxito radica esencialmente  en dous factores: no seu carácter eminentemente popular -con variada oferta gastronómica dos produtos típicos de Galicia e de grupos de música e bailes tradicionais- e no marco  no que se desenvolve, o Parque Municipal, que conxuga como poucos lugares amplitude e  beleza natural. Decenas de miles de persoas acoden cada ano a esta romaría, considerada como unha das maiores manifestacións gastronómicas de Galicia, na que se contan por milleiros os quilos de produtos que se consomen -polbo, carne, pan de Cea e empanadas-, e os litros de viño do Ribeiro con que se acompañan.













Por: Aine Moreiras

No hay comentarios:

Publicar un comentario