Os primeiros vestixios da ocupación humana en Valga datan da Idade de Bronce (1800-600 a.C.), a este período pertence o petróglifo de Camporredondo que se atopa na actual parroquia de San Miguel de Valga.
Á cultura castrexa do s. VI a.C.- II d.C. adscríbense os castros da Roda do Castro, en Setecoros, e O Castro, en Cordeiro.
As terras do Concello estiveron, durante o Antigo Réxime, baixo as xurisdiccións de Cordeiro e Padrón, pertencentes ao señorío do arcebispado de Santiago.
A comezos do século XIX, durante a Guerra da Independencia contra os frnaceses, desencadeouse unha cruenta batalla en Casal do Eirigo. Nesta, os habitantes do lugar acaudillados por Pablo Morillo e o cura Concha, derrotaron ás tropas de Ney e Maucunne, que se viron obrigados a retroceder ata Pontecesures.
O Concello xurdiu coa división municipal de 1821, emanada das Cortes de Cádiz, tendo o nome de Cordeiro ata a división municipal de 1836, onde xa se lle asignou o topónimo actual. No ano 1925 perdeu parte do seu territorio pola segregación da parroquia de San Xulián de Requeixo, actual Concello de Pontecesures.
WOOL E POOLWOOOL
No hay comentarios:
Publicar un comentario