Liñares é o Patrimonio Natural reflexado na Área Recreativa de Sta. Mariña, visita obrigada pola beleza do seu entorno, Río Miño e bosque autóctono, dos poucos que podemos encontrar pola zona, ademáis de ser un lugar ideal para pasar a tarde en compañía de familiares e amigos. Esta área está constituída por un pequeno parque, con mesas de pedra e asaderas dobres, unha capela dedicada a Sta. Mariña, e na ribeira do Miño, que lle da unha beleza difícil de encontrar. É zona apta para a pesca e o baño, debido a tranquilidade das súas augas.
Aine Moreiras
visto
ResponderEliminar